Monday 06 de May de 2024

Laxe promociona a Festa do Naufraxio na Feira de Silleda


O Concello de Laxe está presente na XLV Feria Abanca Semana Verde de Galicia que se está a celebrar desde onte e ata o vindeiro domingo en Silleda.

No ‘stand’ laxense estase a promocionar a Festa do Naufraxio, declarada de Interese Turístico de Galicia, e nel, o alcalde, José Luis Pérez Añón, recibiu a visita do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e da conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Desde o Concello agradecen a colaboración de todas as persoas que a través das súas aportacións de materiais fixeron posible que Laxe estea presente nun evento desta índole